Saltar ao contido

Manuel Rey Gómez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Rey Gómez
Biografía
Nacemento1904 Editar o valor en Wikidata
Cambados, España Editar o valor en Wikidata
Morte27 de agosto de 1936 Editar o valor en Wikidata (31/32 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Outros nomesVillagarcía Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 293

Manuel Rey Gómez, coñecido como Villagarcía, nado en Cambados en 1904 e finado en Vigo o 27 de agosto de 1936, foi un mariñeiro e sindicalista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Instalado en Vigo, durante a República foi detido en varias ocasións acusado de maleante.[1][2] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, foi detido, xulgado en consello de guerra sumarísimo e condenado a morte. Foi executado no Cemiterio de Pereiró xunto aos deputados Ignacio Seoane, Enrique Heraclio Botana e Antonio Bilbatúa Zubeldía, o concelleiro Ramón González Brunet e o alcalde, Emilio Martínez Garrido, o alcalde de Lavadores, José Antela, o mestre e pedagogo, Apolinar Torres e o dirixente socialista Ubaldo Gil Santóstegui.[3]

  1. La Voz de la Verdad, 29-11-1931, p. 4.
  2. El Progreso, 16-2-1933, p. 2.
  3. Sentenza, páx. 99-100 en Claridade. Revista da Fundación Luís Tilve. Setembro de 2007